O Caiño lyrics by Os Melidaos
O Caiño
Os Melidaos
D'onde vés meu gaiteiriño?
Aonde vas polo veran he?
Todos sachando no millo
Todos sachando no millo
E ti co a gaitana na man he
E ti co a gaitana na man he
D'onde vés meu gaiteiriño?
Aonde vas polo veran he?
Miña neniña, canta ruxeira,
Heiche cantar anque tua nai non queira
Ou ben na fonte, ou ben no prado,
Ou ben no cuarto que tes alá no sobrado
Veño dunha romaría,
Dunha romaría noutra.
Veño dunha romaría
Veño dunha romaría
E mañá vou para outra.
E mañá vou para outra.
Veño dunha romaría,
Dunha romaría noutra
Miña neniña, canta ruxeira,
Heiche cantar anque tua nai non queira
Ou ben na fonte, ou ben no prado,
Ou ben no cuarto que tes alá no sobrado
Neste lugarciño novo,
Amores hei de tomare.
Ou na cima ou no fondo,
Ou na cima ou no fondo
Ou no medio do lugare.
Ou no medio do lugare.
Neste lugarciño novo,
Amores hei de tomare.
Miña neniña, canta ruxeira,
Heiche cantar anque tua nai non queira
Ou ben na fonte, ou ben no prado,
Ou ben no cuarto que tes alá no sobrado